16.9 C
Chicago
8 octubre, 2026
Image default

O Concello de Noia presenta hoxe a Oferta Pública de Emprego, que inclúe 3 prazas de Policía Local e unha de auxiliar administrativo

O alcalde noiés aproveitou a presentación dunha moción do grupo municipal socialista, que pedía a mellora da seguridade cidadá e a cobertura das prazas vacantes no corpo de Policía Local acordada no pleno de xaneiro de 2018, para anunciar que “hoxe se presentará á mesa de negociación a Oferta Pública de Emprego que inclúe tres prazas de Policía Local e un auxiliar administrativo.

Despois se procederá á súa publicación no BOP e no DOG, polo que cumprimos co acordo plenario”. Santiago Freire engadiu que “o obxectivo é que as prazas se cubran da forma máis inmediata posible e agardamos que o proceso sexa o máis áxil posible”.

Related posts

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA PREVÉ DESTINAR PRETO DE 2 MILLÓNS DE EUROS AO CONCELLO DE NOIA A TRAVÉS DO PLAN ÚNICO

CloudyX

O CONCELLO DE NOIA LEGALIZOU O SEU PUNTO LIMPO

CloudyX

PORTOS DE GALICIA FINANCIARÁ O 80% DA REPOSICIÓN DO PASEO MARÍTIMO DE NOIA

CloudyX