Icono del sitio CanalBarbanza.com

O Concello de Noia presenta hoxe a Oferta Pública de Emprego, que inclúe 3 prazas de Policía Local e unha de auxiliar administrativo

O alcalde noiés aproveitou a presentación dunha moción do grupo municipal socialista, que pedía a mellora da seguridade cidadá e a cobertura das prazas vacantes no corpo de Policía Local acordada no pleno de xaneiro de 2018, para anunciar que “hoxe se presentará á mesa de negociación a Oferta Pública de Emprego que inclúe tres prazas de Policía Local e un auxiliar administrativo.
Cartel de YouTube
Despois se procederá á súa publicación no BOP e no DOG, polo que cumprimos co acordo plenario”. Santiago Freire engadiu que “o obxectivo é que as prazas se cubran da forma máis inmediata posible e agardamos que o proceso sexa o máis áxil posible”.

Salir de la versión móvil