Coa chegada do Nadal arrancarán tamén as vacacións escolares. Para axudar á conciliación familiar nestas datas, o Concello da Pobra do Caramiñal desenvolverá o xa tradicional Obradoiro de Nadal Concilia. Arrancará o 22 de decembro e estenderase ata o 7 de xaneiro.

