A Cooperativa de Ribeira OPP83 organiza unha nova Ruta co Lirio. O vindeiro 5 de decembro unha trintena de locais hostaleiros de Ribeira e A Pobra do Caramiñal realizarán elaboracións co lirio de Ribeira como protagonista. A quinta edición desta cita confirma a súa consolidación no calendario e confirma o seu obxectivo: dar a coñecer o produto entre os consumidores.

