Era unha demanda moi repetida e por fin se converteu en realidade. O venres á tarde o tenente de alcalde de Boiro, Luis Ruiz, o concelleiro de Deportes local, Marcos Fajardo, e o presidente do Sporting Lampón achegáronse ao Campo da Mina para coñecer o resultado final das obras antes do comezo dos partidos. O proxecto transformou o anterior terreo de xogo de terra nun campo de céspede artificial de última xeración.

