Ribeira dá un novo paso no eido medioambiental e desenvolverá unha serie de obradoiros para achegar á veciñanza a importancia da reciclaxe. Serán talleres sostibles que terán unha temática vencellada ao Nadal e que se realizarán en todas as parroquias ribeirenses.

