Recentemente a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse coa Asociación de Empresarios de Ribeira para abordar os avances do polígono industrial. Adxudicouse a actualización do proxecto de urbanización e a previsión da Xunta é comezar este ano coa licitación das obras de construción do novo parque. O BNG de Ribeira reaccionou a estes avances, celebrando que se dean pasos para facer realidade este ansiado proxecto, pero reclaman máis accións e menos promesas.

