O 2026 foi un ano un pouco atípico para o cerco galego e da comarca. A súa principal especie foi a sardiña, pero a cota dispoñible para este exercicio e este segmento da flota esgotouse no verán, polo que se pechou a súa captura o 1 de agosto. Salvo para embarcacións que conseguiron intercambios co golfo de Cádiz. Os profesionais afrontaron meses sen moita actividade, pero agora a meirande parte das embarcacións volveu ao mar ao aparecer xurelo.

