Prazas de toda a comarca do Barbanza, como A Pobra, Boiro e Ribeira, sumáronse á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias para gardar un minuto de silencio en sinal de loito e respecto polo máis de medio cento de falecidos no choque ferroviario de Toledo.
Unha mostra de solidariedade que se repetiu en toda Galicia e nas sedes autonómicas como a Deputación da Coruña ou a Xunta, onde a lembranza da traxedia de Angrois do ano 2013 fixo sentir esta nova catástrofe cunha especial conmoción no pobo galego.

