O Concello de Noia mantén a súa actividade e o Goberno municipal avanza en diferentes proxectos para mellorar o día a día da veciñanza no referente a servizos, instalacións e mantementos. Dúas iniciativas que se agardan con gañas son o novo centro de saúde da localidade e o desdobramento do corredor Brión-Noia.

