A traxedia ferroviaria acontecida este mércores no municipio toledano de Urda provocou unha profunda consternación en todo o país. Ante os tres días de loito oficial decretados polas autoridades gobernamentais, o Concello da Pobra anunciou o axuste e a cancelación de varios eventos previstos no municipio en sinal de respecto ás vítimas e ás súas familias.

