O día de Todos os Santos achégase e os concellos traballan para que os cemiterios e os seus accesos estean nas mellores condicións para as persoas que se achegarán a visitar aos seus seres queridos. Ribeira vén de habilitar un aparcamento disuasorio na contorna do cemiterio municipal de Palmeira despois da eliminación dos estacionamentos que ocupaban a beiravía pola construción do carril bici.

