30 octubre, 2026
Image default

SANIDADE BARBANZA: PRIMEIRA MOCIÓN EN RIBEIRA

Nova acción da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza para conseguir unha sanidade de calidade na comarca. Esta mañá realizouse a concentración ás portas do centro de saúde e unha vez finalizada representantes da asociación presentaron no Concello de Ribeira unha moción para debater no pleno da corporación e conseguir o apoio dos grupos políticos nas reivindicacións que vén defendendo a plataforma nos últimos tempos. Medida que acordaron na última reunión veciñal da entidade e que se levará tamén o resto de municipios da comarca.

Related posts

MINUTO DE SILENCIO POLO ACCIDENTE DE URDA

CloudyX

A VENDA DE CASTAÑAS ENCARA A SÚA ÉPOCA FORTE

CloudyX

OS RESTAURANTES MANTÑEN O MENÚ DO DÍA ENTRE O ENCARECEMENTO DE CUSTOS E A FALTA DE PERSOAL

CloudyX