Nova acción da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza para conseguir unha sanidade de calidade na comarca. Esta mañá realizouse a concentración ás portas do centro de saúde e unha vez finalizada representantes da asociación presentaron no Concello de Ribeira unha moción para debater no pleno da corporación e conseguir o apoio dos grupos políticos nas reivindicacións que vén defendendo a plataforma nos últimos tempos. Medida que acordaron na última reunión veciñal da entidade e que se levará tamén o resto de municipios da comarca.
SANIDADE BARBANZA: PRIMEIRA MOCIÓN EN RIBEIRA


