A exposición recolle o traballo de máis de tres décadas de traxectoria de Lluís Pessa, afondando na etapa na que o autor investigou as posibilidades materiais do gravado e novas vías de estampación. Un percorrido artístico no que as pedras teñen un protagonismo central como soporte e elemento de expresión creativa.
Trátase dunha trintena de pezas cedidas grazas á doazón da familia do artista, que permiten aos visitantes coñecer a evolución e a linguaxe propia dun dos nomes destacados do gravado contemporáneo.

