A tradición do Samaín e o Día de Difuntos cobra vida con forza nun inmoble boirense que se transformou nun auténtico museo do terror. Unha iniciativa que os propietarios importaron tras anos de residencia en Suíza e que manteñen viva cada outono.
Detrás desta vistosa posta en escena hai meses de traballo manual, dedicación e un marcado carácter familiar no que colaboran activamente os netos, a nora e a cuñada da familia.

