O punto que maior crispación xerou na corporación foi a moción de Boiro Novo para combater a especulación inmobiliaria e impulsar o alugueiro social, unha iniciativa que acabou rexeitada cos votos en contra do PSOE pero que puxo sobre a mesa a necesidade de intervir no mercado da vivenda ante as dificultades que atopan os veciños.

