Cun ollo posto no ceo ante a previsión de choivas para as vindeiras xornadas, a veciñanza do Barbanza adianta as tarefas de limpeza e mantemento nos cemiterios municipais. Son días de moito traballo e de intensa lembranza cara aos que xa non están, aínda que moitos lembran que o coidado das tumbas é unha constante durante todo o ano.

