A XII Carreira Popular do Concello de Rianxo chega este ano cunha principal novidade: o cambio de data e horario. A proba abandona a mañá do 1 de novembro e pasa a disputarse o sábado 31 de outubro pola tarde co obxectivo de facilitar a participación, axudar á conciliación familiar e dinamizar o comercio e a hostalaría local.

