O Pavillón da Fieiteira acollerá este sábado 24 e domingo 25 de outubro unha das citas máis importantes do calendario ribeirense: o 25º Open do Cidade de Ribeira de Taekwondo. A competición reunirá a máis de 600 taekwondistas de categorías que van dende a infantil ata a absoluta, procedentes de Galicia, do resto do Estado e de países como Portugal, Francia ou Andorra.

