18.8 C
Chicago
21 octubre, 2026
Image default

O BOIRO ASALTA O LIDERADO DA TERCEIRA RFEF

Á terceira foi a vencida para o conxunto barbanzán en Cangas. Despois de dous empates nas últimas campañas, os de José Tizón asinaron unha traballada vitoria grazas a unha xogada a balón parado tras o descanso.
O técnico boirense introduciu ata oito cambios no once inicial, amosando a fortaleza de toda a plantilla e aplicando unha forte presión arriba que provocou varias ocasións claras na primeira metade. A xogada decisiva chegou no inicio do segundo tempo nun saque de esquina botado por Mario Prol que rematou o capitán Juanma á cepa do poste.
Na recta final, os barbanzáns souberon defender a súa vantaxe ante o empuxe do Alondras, certificando tres puntos fundamentais para continuar na primeira posición da táboa e estender a súa boa racha no arranque da tempada.
Os boirenses regresarán a vindeira xornada a Barraña para defender a cabeza da clasificación fronte ao Gran Peña.

Related posts

XORNADA AGRIDOCE PARA OS CONXUNTOS DA ZONA NA PREFERENTE

CloudyX

DERROTA DO ROTOGAL BOIRO FRENTE AO VÓLEY PALMA (3-1)

CloudyX

RIANXO ACOLLE ESTE SÁBADO O II GLADIATOR KIDS, A CARREIRA DE OBSTÁCULOS INFANTIL NA QUE PARTICIPARÁN 300 RAPACES

CloudyX