Esta fin de semana botou a andar unha nova competición. A Primeira División Autonómica Masculina arrancou unha campaña máis co CB Noia como único representante da comarca. O obxectivo marcado para esta 26-27 é conseguir a permanencia, pero o seu debut na liga non foi o mellor.

