17.6 C
Chicago
29 septiembre, 2026
Image default

O CD BOIRO ESTREOUSE ESTE DOMINGO EN BARRAÑA CUN AMARGO EMPATE A UN GOL FRONTE AO RACING VILLALBÉS

O conxunto adestrado por José Tizón levou o peso do partido dende o pitido inicial no seu ansiado reencontro coa afección en Barraña. A superioridade local materializouse no minuto 26, cndo Insua remataba á rede un centro preciso de Enjamio para poñer o 1-0 no marcador.
Tras o descanso, o Villalbés estirou liñas e complicou a saída do balón, nun segundo acto onde o Boiro buscou sen éxito o segundo tanto, estrelando un balón ao poste e perdoando varias accións claras antes de que chegase o castigo visitante no minuto 84 por medio dunha chilena de Adrián Castro.
Aínda que o Boiro rompe o seu pleno de vitorias, o equipo mantense na parte alta da táboa sumando agora un punto e deixando boas sensacións de cara ao seguinte encontro ligueiro.

Related posts

O PORTUS APOSTOLI SUMOU ONTE A SÚA PRIMEIRA VITORIA DA TEMPORADA

CloudyX

PRETO DE 500 CORREDORES PARTICIPARON NA CARREIRA POPULAR SANTA UXÍA, MEMORIAL MIGUEL RUIZ

CloudyX

O NOIA PORTUS APOSTOLI BUSCARÁ O SEU PRIMEIRO TRIUNFO DO CURSO NA CASA ANTE O EJIDO FUTSAL

CloudyX