Icono del sitio CanalBarbanza.com

O CD BOIRO ESTREOUSE ESTE DOMINGO EN BARRAÑA CUN AMARGO EMPATE A UN GOL FRONTE AO RACING VILLALBÉS

O conxunto adestrado por José Tizón levou o peso do partido dende o pitido inicial no seu ansiado reencontro coa afección en Barraña. A superioridade local materializouse no minuto 26, cndo Insua remataba á rede un centro preciso de Enjamio para poñer o 1-0 no marcador.
Tras o descanso, o Villalbés estirou liñas e complicou a saída do balón, nun segundo acto onde o Boiro buscou sen éxito o segundo tanto, estrelando un balón ao poste e perdoando varias accións claras antes de que chegase o castigo visitante no minuto 84 por medio dunha chilena de Adrián Castro.
Aínda que o Boiro rompe o seu pleno de vitorias, o equipo mantense na parte alta da táboa sumando agora un punto e deixando boas sensacións de cara ao seguinte encontro ligueiro.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil