A Preferente está a amosar a súa dureza. Os equipos da comarca enmarcados no grupo 1 viviron unha nova xornada difícil na que só o Noia puido puntuar. Os noieses conseguiron un punto no último suspiro, mentres que o Puebla e o Dumbría fóronse de baleiro dos seus partidos.

