As festas da Guadalupe volveron con forza un ano máis. Unha celebración que ano tras ano se foi consolidando no calendario rianxeiro grazas ao recoñecible Feirón Mariñeiro. Centos de persoas percorrían hoxe o casco antigo para desfrutar de todo tipo de postos e exposicións de oficios.
Entre os atractivos principais da xornada estiveron os tradicionais postos de artesanía, que este ano reuniron unha gran variedade de creadores locais e visitantes. Posicións clave ocupan artesáns e veteranos como o ferreiro e os postos de talla de madeira, que xa acumulan décadas achegándose fielmente á cita rianxeira.

