Case 1.400 quilómetros de costa divididos en 52 etapas. Así é o novo Camiño do Litoral, un itinerario que atravesa 78 concellos e que xa está oficialmente en marcha tras completarse a súa sinalización. O presidente da Xunta estreou a ruta sobre dúas rodas no seu paso por Ribadeo.

