21.9 C
Chicago
28 agosto, 2026
Image default

SALGADO-PERILLO E CABO DA CRUZ SON OS NOVOS REIS DO TROFEO TERESA HERRERA DE TRAIÑEIRAS

A enseada do Orzán volveu converterse este domingo no escenario do mellor remo. Na regata masculina, o triunfo foi para Cabo da Cruz. A embarcación de Boiro, tamén campioa da Liga Galega de Traiñeiras, marcou diferenzas a partir do segundo longo e acabou impoñéndose con claridade.
Quince segundos de vantaxe sobre Tirán e Samertolameu certificaron o dominio dos de Cabo da Cruz, nunha proba na que o ritmo imposto polo barco de Manu Gago resultou decisivo.
Na categoría feminina, o Salgado-Perillo confirmou o seu gran momento de forma e conquistou por primeira vez a bandeira do Trofeo Teresa Herrera.
O club de Oleiros, recentemente proclamado campión da Liga Feminina de traiñeiras, dominou a proba con autoridade. Cinco segundos separaron as campioas do Tirán, segundo clasificado. Chapela, gañador o ano pasado, completou o podio tras superar a Amegrove por apenas un segundo.
Primeira bandeira do Teresa Herrera para Salgado-Perillo e Cabo da Cruz, nunha fin de semana na que ambos os dous equipos confirmaron que chegan ao final da tempada en plena forma.

Related posts

CABO DA CRUZ REGRESA Á ELITE DO REMO COA DISPUTA DA BANDEIRA BARBANZA AROUSA

CloudyX

NOIA CELEBRA A SÚA CARREIRA PEDESTRE NOCTURNA CON MÁIS DE 500 INSCRITOS E TEMÁTICA MEDIEVAL

CloudyX

TARDE DE FÚTBOL, CONVIVENCIA E FESTA ESTE PASADO DOMINGO EN RIANXO

CloudyX