A situación repítese cada verán, pero este ano a falta de auga chegou antes do habitual. O Concello de Boiro recoñece que a seca se adiantou ao mes de xullo e que o incremento da poboación durante os meses estivais está poñendo a proba a capacidade actual.

