18.1 C
Chicago
21 agosto, 2026
Image default

BOIRO ENCARA MAÑÁ A RECTA FINAL DAS III XORNADAS DO DEPORTE JEALSA

A rúa peonil de Boiro converteuse hoxe nun tatami. Desde as 20:00h, nenos e nenas dos clubs Kempo Puebla, Malamia Taekwondo e Costado Taekwondo ofreceron unha exhibición de artes marciais.
Unha actividade coa que Jealsa buscou poñer en valor o traballo dos clubs deportivos da comarca e animar á veciñanza a achegarse e apoiar aos máis novos.
E mañá, venres, chegará o peche desta terceira edición co running como protagonista.
A partir das 21:00h disputaranse as carreiras infantís Asterix, para nenos e nenas de 6 a 10 anos, e Obelix, para participantes de 11 a 14. En ambos casos, cun percorrido de 500 metros.
Despois será a quenda dos maiores de 15 anos, cunha das novidades desta edición: unha carreira absoluta de cinco quilómetros polas rúas e espazos máis emblemáticos de Boiro, incluíndo o paseo do rio Coroño e o paseo marítimo de Barraña.
As inscricións son gratuítas e poderán facerse mañá mesmo na praza do Concello, entre as 18:30h e as 20:30h.
Dúas xornadas para poñer o deporte na rúa e reunir a veciñanza arredor da actividade física.

Related posts

O ABASTECEMENTO DE AUGA EN BOIRO ESTÁ A VERSE AFECTADO POLA FALTA DE PRESIÓN EN ZONAS ALTAS DO MUNICIPIO

CloudyX

AS PROMOCIÓNS DE FIN DE TEMPADA SAEN MAÑÁ Á RÚA EN BOIRO COA CAMPAÑA FÓRA STOCKS DA ABE

CloudyX

BOIRO LEMBROU A SANTOS RUIZ FAJARDO, VÍTIMA DA REPRESIÓN FRANQUIS, NUN ACTO CELEBRADO DIANTE DO MONUMENTO AOS REPRESALIADOS

CloudyX