18 noviembre, 2026
Image default

MÁIS DE 12.000 PERSOAS FIXERON DAS PONTES A CAPITAL GALEGA DO MOTOR

As bancadas comezaron a encherse desde primeira hora da mañá. Máis de 30 pilotos participaron nunha xornada na que o espectáculo sobre rodas foi o gran protagonista.
E entre os grandes atractivos, catro nomes que forman parte da historia do rally mundial: Stig Blomqvist, Miki Biasion e Petter Solberg, ademais do galego Luis Moya, bicampeón do mundo como copiloto de Carlos Sanz.
Exhibicións, drifts e encontros cos afeccionados completaron unha mañá na que o público puido ver de preto aos grandes campións e conseguir autógrafos e fotografías na Fan Zone.
Xa pola tarde chegou a hora da competición. Despois dos adestramentos, a manga clasificatoria e as eliminatorias, o Rallyshow entrou na súa fase decisiva.
Na gran final, Alberto Meira, ao volante do seu Skoda Fabia R5, foi o máis rápido e proclamouse campión do Rallyshow das Pontes, quedando por diante do segundo Manuel Senra e terceiro Jorge Pérez.
As Pontes pecha así unha fin de semana dedicada ao motor cunha cifra de récord: máis de 12.000 persoas pasaron polo circuíto para gozar dunha cita que rematou coa música de Sés como broche final.

Related posts

GRAN TRIUNFO CON REMONTADA INCLUÍDA DA EFM CONCELLO DE BOIRO

CloudyX

A XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL SALDOUSE CON DOUS TRIUNFOS E UNHA DERROTA

CloudyX

PARTIDO PARA ESQUECER DO CB NOIA NA PRIMEIRA DIVISIÓN

CloudyX