Esta fin de semana disputouse a undécima xornada da Primeira Futgal e os equipos da comarca que están enmarcados no grupo 5 sumaron unha derrota e dous triunfos. O Cidade de Ribeira mantense como líder, pero perdeu o seu colchón co segundo logo de perder co Caldas. O Unión mantén a súa dinámica positiva ao vencer ao Amanecer e o Abanqueiro rachou a súa mala xeira gañando ao Campo Lameiro.

