O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, visitou hoxe en San Sadurniño a Granxa A Esperanza, da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, impulsora de Bico de Xeado. Estivo acompañado pola conselleira de Medio Rural, María José Gómez, e afirmou que Bico de Xeado representa o futuro sólido e competitivo do rural galego, con granxas modernas, eficientes e vencelladas ao territorio.

