Esta mañá presentouse no Centro de recepción de visitantes do Parque natural de Corrubedo a Guia dos anfibios e réptiles que hai nesta zona que comprende o complexo dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán. Sobre este traballo afondou o seu autor, Pedro Galán, e sinalou que os réptiles e anfibios son unha parte importante de este espazo natural, pero tamén son moi descoñecidos.

