Esta fin de semana o Malecón de Ribeira tivo máis movemento do habitual. O venres á mañá inaugurouse a vixésimo primeira edición do Viamare Stock, a Feira de Oportunidades impulsada pola Asociación de Empresarios local. Unha vintena de negocios levaron as súas existencias á rúa con descontos especiais, o que incentivou a chegada de xente para coñecer as súas propostas. E foi un éxito

