Un dos clásicos do verán de Ribeira é o Viamare Stock, impulsado pola Asociación de Empresarios ribeirense. Esta mañá botou a andar unha nova edición desta Feira de Oportunidades no malecón que será a 21 ocasión que se celebra. O presidente da patronal, Francisco Martínez, puxo en valor a importancia desta cita para o comercio local.

