27.6 C
Chicago
16 agosto, 2026
Image default

O CONCELLO DE RIBEIRA APLICA RESTRICIÓNS NO USO DA AUGA POTABLE DA REDE MUNICIPAL PARA GARANTIR ABASTECEMENTO DURANTE O VERÁN.O CONCELLO DE RIBEIRA APLICA RESTRICIÓNS NO USO DA AUGA POTABLE DA REDE MUNICIPAL PARA GARANTIR ABASTECEMENTO DURANTE O VERÁN

As primeiras medidas afectan ás instalacións municipais. Quedan fóra de servizo as duchas das praias e suspéndese o rego das zonas verdes, salvo en casos puntuais nos que sexa imprescindible.
Ademais, o Concello prohibe encher piscinas con auga da rede municipal e recomenda á veciñanza reducir o consumo. Entre as indicacións, aconséllase regar os xardíns só o tempo necesario e evitar facelo nas horas de maior calor para minimizar a evaporación.
O goberno local tamén pide revisar posibles fugas nas instalacións particulares e fai un chamamento á colaboración cidadá para facer un uso responsable da auga e garantir o abastecemento básico mentres continúe a situación de seca.
O Concello sinala que estas restricións teñen un carácter preventivo e estarán vixentes mentres as reservas de auga sigan comprometidas pola falta de precipitacións.

Related posts

A NAVALLA PROTAGONIZA A ACTIVIDADE NA LONXA DE AGUIÑO

CloudyX

O GASTROMAR ENCHERÁ RIBEIRA DE PRODUTOS DO MAR DO 20 AO 23 DE AGOSTO

CloudyX

A VECIÑANZA DE AGUIÑO RECLAMA NOVAMENTE ÁS PORTAS DO CENTRO DE SAÚDE TER A TOTALIDADE DAS PRAZAS DE MÉDICOS CUBERTAS

CloudyX