Os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra colaboran unha vez máis en prol da formación. Nesta ocasión os tres municipios unen forzas para desenvolver unha nova edición do programa de emprego e formación talento mozo “Xuventude II”. Esta iniciativa é posible grazas ao financiamento da Consellería de Emprego, que inviste 478.994 euros na súa realización.

