O Concello de Boiro vén de anunciar a continuidade do tradicional baile para persoas da terceira idade. Ante a recente paralización temporal da actividade, o goberno municipal decidiu asumir directamente a organización desta iniciativa de lecer para garantir que os veciños poidan seguir desfrutando dela sen interrupcións.

