O salón de plenos do Concello de Ribeira acolleu na tarde de onte a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de xullo. Un dos puntos centrais recollidos na orde do día era a aprobación inicial do suplemento de crédito 1/2026 de 877.884 euros. Con cargo ao remanente de tesouraría, financiarían diferentes proxectos para garantir servizos no municipio.

