A fachada marítima do Porto do Son alberga dende esta mañá á unidade de doazón de sangue. A campaña estival “Un alento de vida” fai parada no municipio co obxectivo de incrementar as doazóns realizadas na localidade o pasado 2025 cando ascenderon a 281.

