O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, estivo esta mañá no Hospital Clínico Universitario de Santiago onde coñecer á última incorporación do centro. Trátase do primeiro robot con navegación cinemática que está plenamente operativo e realizará na capital galega cirurxía de columna de alta complexidade.

