A Xunta destinará 40 millóns de euros para captar grandes proxectos de seguridade, defensa e aeroespazo a través da Compra Pública Precomercial, unha fórmula coa que Galicia quere situarse á vangarda en España. O obxectivo é atraer empresas tecnolóxicas, impulsar a fabricación no territorio galego e crear emprego cualificado en sectores estratéxicos.

