A sala de plenos do Concello de Ribeira abriu onte as súas portas para acoller a sesión plenaria correspondente ao mes de xuño. A primeira cuestión en tratarse foi a corrección das deficiencias do proxecto para a construción da nova bancada do campo de fútbol de Carreira. Terá un orzamento de 260.000 euros e estará financiado polo POS+2025 da Deputación da Coruña.

