O pasado mes de maio faleceu o escritor Fernando Cabeza Quiles logo de sufrir un accidente de bicicleta. Un mes despois do seu pasamento, a Asociación Barbantia impulsou unha homenaxe póstuma á súa figura que se desenvolveu o venres no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Orixinalmente este acto estaba pensado para a presentación do derradeiro libro de Cabeza Quiles, “Defuntos e santos inocentes”, pero finalmente foi un recoñecemento póstumo ao autor.

