28 agosto, 2026
Image default

O CIFP COOROSO FESTEXOU O SEU 50 ANIVERSARIO RECORDANDO A SÚA HISTORIA E A EVOLUCIÓN DA FORMACIÓN NUNHA GALA MULTITUDINARIA

O Auditorio Municipal de Ribeira viviu este sábado un acto moi emotivo. O CIFP Coroso celebrou os seus 50 anos de historia e formación facendo un recoñecemento ás persoas que pasaron polo centro e deixaron a súa pegada. Os sentimentos estiveron a flor de pel e as bágoas fixeron acto de presenza nesta gala na que se conmemorou o nacemento da escola de Formación Profesional de referencia no Barbanza. Comezou a súa andadura no curso 1975/1976 no Mercado Municipal e agora celebrou por todo o alto cinco décadas de formación, velada á que asistiron máis de 400 persoas.

Related posts

O CENTRO DE SAÚDE DE RIBEIRA TEN DOUS VACANTES DE TARDE

CloudyX

MÓNICA ALONSO EXPÓN NO MUSEO DO GRAVADO DE ARTES A SÚA MOSTRA “MACROPSIA”

CloudyX

UNHA DUCIA DE OBRAS PROTAGONIZARÁN A MOSTRA DE TEATRO DE RIBEIRA

CloudyX