A xente encheu esta mañá o mercado municipal de Ribeira para comprar as sardiñas para esta noite de San Xoán. A demanda foi grande polo que algún dos postos xa non tiñan nin unha ás 11.30 horas. O principal obxectivo das persoas que estaban na praza era facerse coa súa ración deste peixe azul para degustar.

