O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a nova orde da Consellería do Mar pola que se regula o procedemento para obter titulacións profesionais de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente. Esta nova regulación supón unha modernización do marco formativo náutico-pesqueiro tras case doce anos de vixencia da normativa anterior de 2014.

