Esta mañá o salón de plenos de Ribeira acolleu unha sesión plenaria extraordinaria solicitada polo BNG, PSOE e Non Adscrito para depurar responsabilidades xurídicas, patrimoniais e políticas das persoas que aprobaron a licenza para a construción da gasolineira SBC en Xarás. Abriu a sesión o grupo nacionalista e o seu portavoz, Luís Pérez Barral, afirmou que se deu unha licenza ilegal, declarada así pola Xustiza, e sinalou que o Goberno local oculta información dun expediente que pode rematar cunha responsabilidade patrimonial para o concello

