15 noviembre, 2026
Image default

MAÑÁ COÑECERANSE OS GAÑADORES DA OITAVA EDICIÓN DOS PREMIOS PEL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Os Premios PEL chegan este ano á súa edición máis ambiciosa. A Deputación da Coruña destina 80.000 euros para recoñecer o talento emprendedor e empresarial da provincia, cun premio de 20.000 euros en cada unha das catro categorías convocadas.
En total, presentáronse 145 candidaturas, a cifra máis alta da historia do certame. Delas, 132 corresponden a empresas e autónomos que compiten polos galardóns á mellor iniciativa emprendedora, mellor traxectoria empresarial, mellor iniciativa de territorio sostible e mellor iniciativa empresarial singular.
O xurado xa avaliou as propostas, tendo en conta aspectos como a innovación, a creación de emprego, o impacto económico e social ou o compromiso coa sustentabilidade.
A Coruña lidera o número de candidaturas presentadas, seguida de Santiago de Compostela e Oleiros.
Os nomes das empresas premiadas daranse a coñecer mañá nun acto que se celebrará na Coruña Estudio Inmersivo, na Cidade das TIC. Un evento que reunirá representantes institucionais e do tecido empresarial para recoñecer os proxectos que están a impulsar o desenvolvemento económico da provincia.

Related posts

A DEPUTACIÓN PRESENTOU NO PARLAMENTO OS SEUS ORZAMENTOS PARA O 2027

CloudyX

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA GARDOU UN MINUTO DE SILENCIO POLAS VÍTIMAS DO ACCIDENTE FERROVIARIO DE URDA

CloudyX

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA APROBA 25 MILLÓNS EXTRAORDINARIOS PARA O PLAN ÚNICO E ELEVA O POS+ 2026 ATA OS 178 MILLÓNS

CloudyX